[p. 141]
Acórdome ben que foi pol o antroido a mesma
tarde de xoves de compadres.
N'un mesmo tranvia subían a calle de
Fuencarral Caitano e Martiño.
Entrambos se baixaron na grorieta de Bilbao
qu'era onde vivia Panchiña.
Caitano mirouno y-anque deseaba collelo por
banda, e ll'estaba fervendo á sangue por agarrarse co él, lembrouse da
pormesa que lle dera á Panchiña e quixo saber si facia co-él algo por
boas.
Cadrouse diante d'il, saludouno é dixolle:
Siñor: vostede perdone, teño que falar con
vosté duas palabriñas.
Vosté dirá, lle dixo Martiño, receando que
aquelo iba acabar mal.
Deseo saber si lle fai o amor á Panchiña.
Y-a osté que ll'importa.
Poida que si, e pídolle de favor que me
responda ó que lle perguntei.
Martiño qu'estaba afeito á que naide lle
piase á o ver a postura resolta de Caitano, mirouno de pés á cabeza,
cos nervos xa un pouco alborotados e medio enfurruñado repricoulle.
Pois si vosté non me dá outra razón non
teño porqué contestarlle.
[p. 142]
A razón é qu'é miña novia, e por sinon o
sabe dígollo, pra que non se canse en andala siguindo.
Pois á eso respondo eu, que non teño porqué
dar a naide satisfaución dos meus feitos, e que cada un pode andar por
onde lle da á gana.
Eso pouquiño á pouco, porque si eu me
porcato de que vosté sigue á Panchiña, dempois do falado, teremos os
dous un disgusto.
De veras, respondeulle Martiño, así como
facendo a xeta d'él.
E fareille tocar o pindin, non sendo que voste
se veña ás boas e se convenza de que lle fai mal á Panchiña o velo
á vosté diante.
E vosté moi pouco pr'eso.
Caitano non deu outra fala, arremangou a mau e
cascoull'unha morrada como pra si solo. Martiño defendeuse o mais que
puido pro levou unha tolena que se lle pod'acordar. Val Dios qu'acudiu a
xent'a desapartilos y-a liorta parou logo.
Xa nos veremos onde se ven os homes.
Ben, ben: acórdese do que lle dixen, onde non
teña conta do que lle veña.
Armouse un corro ali que Dios nos valla;
viñeron os policias , pro o saber qu'eran dous siñoritos que se
cascaran por custión d'amores, non lle deron valor.
Caitano subiu à cas da novia e Martiño
quedouse por ali disposto a esculcar onde vivía o outro pra mandarlle
os padriños.
A o pouco tempo tiña varios amigos arredor
d'él ós que lle contaba o caso ô seu modo, y-endeben algús conocian
a Caitano e dixeronlle onde vivía.
Xa non quixo saber mais e botou calle abaixo en
busca d'amigos, que soupesen as leises qu'al-
[p. 143]
gús lle puxeron ô qu'entenden por honor, pra que poideran ser
padriños no desafio que cavilaba con Caitano.
Como xa dixemos, Locaya estivo vendo todo
desd'unha tenda das últimas casas da calle de Fuecarral. Sabe Diol-o
que pasou a probe nos pirmeiros prontos.
Pol-o que decían de quen lles oira a disputa,
soubo Locaya que Caitano era amigo de Panchiña e qu'esta non podia ver
á Martiño.
En canto chegou â casa, contoulle Locaya todo
o que pasara a sua mai, y-o mal parado que deixaron á Martiño.
¡Demo non fales! dixo a mai.
En xamais da vida pensei ver outra tal, porque
din que Martiño é moi valente e que naide lle fai cara.
Algunha vez habia d'atopar co-a forma do
zapato, poida que lle veña ben, qu'asi amansará algo e non che dará a
ti disgustos por armar quimereas.
Pró eu penso qu'ese home m'está engañando e
vou á tomar á dianteira, mandando ó rollo. ¿Cómo m'ha de querer á
min mirando pra outra?
Ten pacencia, nena, ten pacencia, Os homes
sonche todos do coiro do trasgo e hay que agoantar moito pra facelos vir
ô rego; pero tendo arte e pacencia cuasque sempre van caendo à
miñoca.
Ben, pois eu non podo agoantar que mire pra
outra namentras diante min parece qu'está tolo d'amor, canto máis
qu'empezo á querelo porqu'é moi gasalleiro e moi listo.
Pois sinon vareas de modo de pensar, vas á
tardar en casarte, porqu'eses fumes podenos tel-as ricas, pró unha
probe pra pillar un rapaz de ca-
[p. 144]
rreira como Martiño, ten que pasar por moitas e facer como que non-as
entende. As de saber qu'inda os homes casados miran de boa gana pras
nenas bonitas e debécense por elas, pra canto mais un rapaz novo e
solteiro.
Si n'é il, outro será, hastr'o d'agora son
moi nova, e pra casarme c'un calavera com'il sempre teño tempo. Unha
modista qu'estaba no comercio desd'onde eu vin todo, dixo qu'hastra fai
pouco tempo estuvo querendo a unha amiga sua, e que gastaba moito
co-ela, e qu'era moi amigo d'as rapazas.
Tamén ó era seu pai cando me fixo o amor à
min, ou po-lo menos asi o dician, e eu non lle quixen dar sorte por eso,
o conto é que dempois fixo un gran casado, quixo moito á sua muller e
ganou pra facer duas casas, cuya renta ll'abondaría ben pra vivir en
grande sinon quixera traballar; pró é asi, dixo a mai de Locaya
cerrando o puño.
Pois po-lo visto todo o que ten o pai
d'apretado teno o fillo d'espréndido.
Fai ben, por non ser asi teu pai, mira o que
nos deixou. Gracias ô qu'eu tiña y-a viudedá, sinon il, Dios lle
perdone, pró todo o convertía en licores y-en enchedelas.
Eu non m'acordo ben d'il.
Eras moi pequerrechiña cando morreu. Non lle
puido o corpo co-a augardente y-arrimouselle a o fígado e morreu moi
novo, pró Dios teña en desconto dos meus pecados o que me fixo pasar ,
qu'él ben pagou as que fixo n'este mundo co-a enfermedá que colleu
pol-a sua mau.
¡Probiño! logo pasou moito.
Queira Dios que ningún cristiano sufra o
qu'il pasou n'aquela cama. O mal duroulle inda
[p. 145]
ben tempo e graceas a qu'habia algús anos que eu viña aforrando algo
todol os dias, sin sabelo teu pai, que sinón, non sei como m'habia
d'apañar, porqu'a paga non chegaba a un dente pra médicos e meiciñas.
Si me pesara tanto d'ofender á Dios, como das buticadas que lle deixei
meter n'aquel corpo... porque nunca se viu nin miaxa d'adianto, e seica
inda lle pudriron mais os libianos, porque morrer morreu mesmo
qu'afogando.
O vicio da bebida non o ten Martiño.
Pois seica ch'é o pior, pois do xogo poida
qu'inda chegues á quitalo, pró da bebida penso que non é posibre;
porque mais qu'eu fixen non-o pode facer naide.
Nesto entrou unha criada dicindo.
Señora: o siñorito Isabelo.
Pararon de falar e logo entrou un filipino que
era o novio d'outra hirmá, qu'as viña a convidar pra ir d'ali á dous
dias á merendar ós Viveiros.
Logo achegouse á Locaya e díxole pol-o baixo.
Tamen irá Martiño.
¿Cando ó convidou?
Onte. Conque animese osté.
Por animada: pró extrañame moito que
Martiño non me dixese inda nada d'eso.
Supoño qu'agora logo chegará.
Pouco debe tardar, dixo Locaya abrindo a
ventana e quedándose n'ela mirando pra fora.
O cabo d'us cantos minutos apareceu outra vez a
criada que traguía unha carta pra Locaya.
E d'il, dixo rompendo o sobre.
Drento había unha tarxeta de Martiño, na que
lle decía:
[p. 146]
«Quiridísima Locaya: asuntos de gran
importancia impídenme, con gran sentimento non poder acompañarte esta
tarde.
Adórate o teu sempre apasionado
|